Buscador de libros
Busqueda avanzadaPrimer capítulo / Extracto
- N° páginas : 432
- Medidas: 140 x 215 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
A cegadora luz de dúas estrelas vermellas MOROSINOTTO,DAVIDE
Novela histórica para a mocidade, ambientada na Segunda Guerra Mundial
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Leningrado, 1941. Os xemelgos Víktor e Nadia teñen doce anos cando a Alemaña de Hitler lle declara a guerra á Unión Soviética. En poucos días todos os nenos da cidade son evacuados en trens especiais para poñelos a salvo do avance inimigo.
Porén, Víktor e Nadia acaban por erro en trens distintos, e pérdenlle a pista o un ó outro. Ambos comezan a escribir nos seus cadernos o que sucede a medida que avanza o inimigo: o xélido inverno, a fame, as bombas… pero tamén a calor da amizade e a forza da esperanza. Mentres Nadia se ve defendendo unha posición clave para a resistencia soviética, Víktor atravesa a pé boa parte do territorio ruso, afrontando todo tipo de perigos. Co asedio de Leningrado como fondo, a Grande Historia entrelázase coa destes rapaces, decididos a reencontrarse e a salvar a súa cidade.
Autor: Morosinotto, Davide
Nado en 1980 nunha pequena localidade próxima a Padua, vive en Boloña. Ademais de xornalista e tradutor de videoxogos, é escritor de fantasía e libros infantís e xuvenís. No 2007 gañou o Mondadori Junior Award, e publicou o seu primeiro libro. Dende aquela leva escritos trinta títulos. O Famoso Catálogo Walker & Dawn é o tipo de aventura que ó autor lle gustaría vivir de neno.