Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 142
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
A historia de Greta CAMERINI,VALENTINA
A biografía non oficial de Greta Thunberg
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia.
Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor. Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.
Autor: Camerini, Valentina
Valetina Camerini redactou esta biografía non oficial de Greta Thunberg. Greta naceu en 2003, é unha activista medioambiental sueca. En agosto de 2018 fixo unha folga escolar fronte ó parlamento sueco para obrigar os políticos a tomaren medidas contra o quecemento global. A súa iniciativa cruzou as fronteiras de Suecia e inspirou a mocidade de todo o mundo. Greta interveu en importantes conferencias climáticas: participou na COP24 e o Foro Económico Mundial de Davos. É candidata ó Premio Nobel da Paz 2019 e non deixa de loitar por salvar o planeta.