Buscador de libros

Busqueda avanzada
Debaixo do asfalto, a flor: portada

Primer capítulo / Extracto [Ver]

  • N° páginas : 32
  • Medidas: 200 x 275 mm.
  • Peso: 387 gr
  • Encuadernación: Carton‚
Descargar Ficha Enviar Ficha

Debaixo do asfalto, a flor [Próxima aparición] ARAYA GUTIERREZ, ROCIO/RODRIGUEZ SUAREZ

Esta é a historia dunha insólita amizade. A que un neno, León, membro dunha familia de vendedores ambulantes, estableceu cunha flor.

Editorial:
Traductor:
José Luis Garrosa Gude
Ilustrador:
Rocío Araya
Colección:
EL PATO SALVAJE
Materia BIC:
Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil)
ISBN:
978-84-19684-34-9
EAN:
9788419684349
Precio:
17.31 €
Precio con IVA:
18.00 €
Aparición:
03/03/2025

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

Neste lugar, cuberto agora de asfalto, houbo hai tempo unha terra verde e altas árbores e mesmo un río de augas sonoras. Un día, unha familia de vendedores ambulantes acampou alí. Foi León, o do riso bonito, quen descubriu a flor. Coidouna, evitou que os outros nenos a esmagasen e fíxoa a súa amiga. Sentaba a carón dela para ver pasar as nubes e contarlle anacos da súa vida. Contáballe o da súa vida errante, o da burriña Brisa, o de Camila, cuns dedos que un día se entrelazaron cos seus.

Autor: Araya Gutiérrez, Rocío

Rocío Araya (Bilbao, 1982) debuxa mesturando intuición, xogo e sentimento, o que dá lugar a imaxes evocadoras que precisan do lector para seren completadas. Gústalle probar novos camiños e descubrir algo diferente en cada imaxe. Polas súas ilustraciones e os seus libros recibiu algúns recoñecementos internacionais e en 2024 foi elixida pola Fundación Maurice Sendak para o seu programa de bolsas artísticas en Nova York.

Autor: Rodríguez Suárez, Mónica

Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969. Licenciada en Ciencias Físicas, chegou a Madrid o ano 1993 para estudar un máster de Enerxía Nuclear e desde 1994 ata o ano 2009 estivo traballando no Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT). En 2003 publicou o seu primeiro libro infantil e en 2009 deixou o traballo nesa institución para dedicarse enteiramente á literatura. Xa publicou máis dunha trintena de libros. Recibiu numerosos premios e recoñecementos, coma o Premio Ala Delta, o Premio Anaya, o Premio Alandar, o Gran Angular ou o Premio Fundación Cuatrogatos en seis ocasións e foi incluída en varias listaxes de honra White Raven. En 2018 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra e, en 2024, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura.

Libros relacionados


Otras im�genes del libro