Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 104
- Medidas: 135 x 215 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Dende Finlandia con amor SCHATZ,ROMAN
Coñece a Finlandia auténtica
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Roman Schatz proponnos neste libro unha aproximación retranqueira a diversos aspectos da terra dos mil lagos a través dunha serie de artigos lixeiros, hilarantes e mesmo ferintes por momentos, dende o punto de vista do inmigrante que sofre do choque de culturas.
Se sempre tiveches curiosidade polo xeito de vivir desa xente que de tan loura que é resulta case transparente, este libro de seguro que che dará moitas respostas e espertará máis dun riso.
Autor: Schatz, Roman
Roman Schatz naceu en 1960 na Alemaña Occidental pero, como el mesmo di neste libro, namorou perdidamente dunha finlandesa e marchou para o país ártico aos vinte e seis anos. Dende a súa chegada a Finlandia, dedicou gran parte da súa carreira a divulgar por Europa adiante, e especialmente polo seu país natal, os distintos aspectos da cultura e a lingua finlandesas. Tradutor e xornalista, ten unha longa carreira nos medios de comunicación do seu país de acollida, onde colaborou en múltiples programas de televisión e onde conduce o seu propio programa de radio dende 2013.