Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 72
- Medidas: 130 x 190 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
O caderno de Edua VILLAR JANEIRO,HELENA
Unha historia ambientada nos Ancares dunha nena que descobre a súa vocación de escritora e que amosa que o mellor regalo está preto de nós
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Autor: Villar Janeiro, Helena
Becerreá, Lugo, 1940. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Casada co escritor Xesús Rábade Paredes, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade.