Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 152
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
O equipo Chascadentes BASS,EDUARD
Un clásico da literatura checa sobre o espírito deportivo
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
A familia Chascadentes ten once fillos, suficientes para formar un equipo de fútbol invencible.
Os irmáns mantéñense sempre unidos e adéstranse rigorosamente, ata chegar á primeira división e converterse en campións en Checoslovaquia.
Publicada hai un século e ilustrada por Josef Čapek, esta obra é un clásico da literatura checa que celebra a fraternidade e o traballo honesto para acadar as metas máis altas.
Autor: Bass, Eduard
Eduard Bass foi un escritor, xornalista, cantante e actor checo, que viviu entre 1888 e 1946. As súas obras máis destacadas son O equipo Chascadentes e O circo Humberto, unha saga épica sobre persoas que traballan no circo. Malia o seu aspecto serio, era coñecido polo seu gran sentido do humor, que se reflectiu tanto na súa obra literaria como na súa faceta de director do xornal Lidových novinách.