Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 324
- Medidas: 142 x 215 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
O Famoso Catálogo Walker & Dawn MOROSINOTTO,DAVIDE
Aventuras con recendo a Mark Twain
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos. Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo. Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resulta non ser tal… por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!
Autor: Morosinotto, Davide
Nado en 1980 nunha pequena localidade próxima a Padua, vive en Boloña. Ademais de xornalista e tradutor de videoxogos, é escritor de fantasía e libros infantís e xuvenís. No 2007 gañou o Mondadori Junior Award, e publicou o seu primeiro libro. Dende aquela leva escritos trinta títulos. O Famoso Catálogo Walker & Dawn é o tipo de aventura que ó autor lle gustaría vivir de neno.