Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 222
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
O vento nos salgueiros GRAHAME,KENNETH
Un clásico de fantasía do século XX que, lonxe de esmorecer, atrae cada vez a máis público en cada xeración.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Escrito con toques de poesía e sentido do humor, este libro enxalza valores como a amizade, a lealdade, as satisfaccións de levar unha vida laboriosa ou os sinxelos praceres de pasar o tempo cos amigos.
Autor: Grahame, Kenneth
Kenneth Grahame (Edimburgo, 1859- Berkshire, 1932) foi un escritor escocés, coñecido principalmente pola súa obra O vento nos salgueiros (1908), concibida como unha serie de contos para antes de durmir para o seu fillo Alastair. Grahame vivu a súa infancia coa súa avoa, despois do pasamento da súa nai e dos problemas de alcolismo do seu pai. Aínda que foi un alumno destacado, non puido estudar na Universidade de Oxford por motivos económicos e axiña comezou a traballar no Banco de Inglaterra, do que se retirou por motivos de saúde no ano 1908.