Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 32
- Medidas: 230 x 230 mm.
- Peso: 300 gr
- Encuadernación: Carton‚
Peúgo, o calcetín melenudo (2ªED) RODRIGUEZ PIñEIRO,JESSICA
Peúgo, o calcetín melenudo, desparello e cun furado. Serás quen de axudalo?
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Todos escoitamos ou pronunciamos nalgún momento a frase “o calcetín tragouno a lavadora”, todas tivemos algún calcetín desparello nalgún momento e todas tivemos un furado no calcetín e seguramente nalgún momento decidimos non remendalo e tiralo ao lixo. A partir de aí, nace Peúgo, un calcetín melenudo que está só e fai o que lle peta e se quere toca a trompeta, fai unha receita ou inventa unha historieta. O que pasa é que está moi mancado pola violencia que exerceu a súa parella contra el. Neste caso a súa salvación foi a lavadora e esa mente creativa que lle soubo sacar proveito cando ninguén lle vía posibilidades.
Autor: Rodríguez Piñeiro, Jessica
Chámome Jessica Rodríguez Piñeiro e nacín en Vigo o 18 de outubro de 1992. Estudei o grao en Educación Primaria en Pontevedra e gradueime cunha mención curricular. Traballo como mestra de primaria, labor que desempeño con paixón, creatividade e ilusión de mellorar cada día. Como docente e nai, teño contacto coa literatura infantil e xuvenil. Deses percorridos pola mesma e noites de contos para Eric, naceu a miña inquedanza e achegamento á escritura. Presento Peúgo como a miña primeira obra escrita.