Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 48
- Medidas: 210 x 288 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Carton‚
Venres FREIRE / PADRON
Reinterpretación do clásico Robinson Crusoe desde a perspectiva do personaxe de Venres.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Autor: Freire Cordeiro, Santiago
Canda o meu terceiro aniversario leváronme a un sitio chamado escola e na carteira o caderno de Palau. Tardei en aprender a ler. Iso non o quero lembrar. Pero si lembro ser un seareiro incondicional de Fofo, o dos pallasos da tele. Pasei horas co nariz pegado á pantalla, ata que miña nai se alarmou cando petei coa fronte contra unha porta. Era miope. Xa con gafas, fixéronme cambiar a Fofo por Mark Twain. A partires de aí decidín que a miña vida sería tan enxeñosa, tan divertida e tan disparatada como a de Huckleberry Finn. Claro, fracasei. Como pretender ser un pillabán se levaba colgados da punta do nariz unhas considerables lupas de aumento! Lin cómics por me identificar con algún superheroe. Si, Superman levábaos, malia os quitaba para defender a terra das invasións extraterrestres. Non me servía. Eu en canto quitaba os lentes ía as apalpadelas. Así que descubrín a “Rompetechos”, e decidín que sería igual ca el, nunha andar ensimesmado, como se nada fose xa comigo e a vida un perigo constante co que se esmendrellar. Non me vai nada, nada mal.
Autor: Padrón, Dani
Ao principio debuxaba polo mesmo que todos os nenos, porque si, porque os nenos debuxan. Despois empecei a debuxar (a calcar debuxos na ventá) para poder ter na casa a Son Goku, a Batman, a Mortadelo ou a Oliver e a Benji sen que ocupasen demasiado. Máis tarde debuxei porque, por algún motivo que descoñezo, tamén quería ter na casa aos meus profesores, a case todos, gardados nunha carpeta. E agora que xa fixen moitos para min, o que intento é que sexan outros os que teñan os meus debuxos nas súas casas. E que lles gusten.