Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 180
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Os contos de terror do tío Montague PRIESTLEY,CHRIS
Un libro para non pegar ollo
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?
Pero non hai tempo para respostas. Edgar ten que conseguir volver a través do bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?
Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.
Autor: Priestley, Chris
Hull, Reino Unido, 1958. Dende a súa adolescencia, a Chris Priestley encantábanlle as historias de medo, xa fose en cómics, nalgunhas series da BBC ou nos libros de Edgar Allan Poe e Ray Bradbury. Coa serie de Contos de Terror busca atrapar o lector igual que a el o atraparon no seu día. Vive en Cambridge coa súa muller e o seu fillo. As súas ilustracións publicáronse en varios xornais e revistas como The Independent e The Economist. Como autor de relatos, foi nominado a varios premios de literatura infantil e xuvenil e traducido a unha ducia de idiomas.