Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 160
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
A abella Maia e as súas aventuras BONSELS, WALDEMAR
O clásico da abella Maia, en galego
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
Sinopsis
A abella Maia abandona a súa colmea levada polo seu espírito curioso e independente. Na súa exploración do mundo exterior aprenderá leccións vitais sobre a cooperación, a valentía e a lealdade.
Dende a súa publicación en 1912, as aventuras da abella Maia ocuparon un lugar destacado na literatura infantil e xuvenil, cunha substancia política e filosófica que admite lecturas adultas, e adaptáronse a múltiples formatos, dende películas e series de animación a obras de teatro e musicais.
Autor: Bonsels, Waldemar
A obra escrita do alemán Waldemar Bonsels (1880-1952) abrangue dende novela negra ata relatos filosóficos, pasando por literatura de viaxes e estampas naturalistas. Acredor no seu tempo de grande éxito e recoñecemento, o legado máis duradeiro de Bonsels foi o entrañable personaxe da abella Maia, unha contribución ó universo cultural infantil que as súas controvertidas actitudes nos anos do nazismo e da posguerra non lograron empanar. Na lápida de Bonsels figura a frase con que cerrou o seu segundo libro dedicado a Maia: «Todos nacemos da ledicia e a ela retornamos».