Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 192
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
A bruxa novata NORTON,MARY
Un clásico do século XX levado ao cinema, que perdura polo seu poder de imaxinación e diversión.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Carey, Charles e Paul están na casa da súa tía cando ven a señorita Price caer ó chan dende a súa vasoira. Os rapaces descobren así que é unha aprendiz de bruxa e manteñen o segredo a cambio dun agasallo: un pomo máxico que os levará de viaxe polo tempo e polo espazo a bordo dunha cama.
Autor: Norton, Mary
Kathleen Mary Norton naceu en 1903 en Buckinghamshire e criouse nunha casa en Bedfordshire, onde localizaría o seu libro Os raspiñeiros, publicado en 1952 e coñecido en todo o mundo. Logo de casar, viviu en Portugal e no Reino Unido, pero na II Guerra Mundial emigrou a Nova York, onde tivo que manter soa os seus catro fillos. Foi daquela cando comezou a escribir A bruxa novata, cuxa primeira parte se publicou en 1945 e a segunda, dous anos despois. Os seus libros infantís lograron unha gran sona mundial e foron adaptados por Disney. A autora faleceu en 1992 en Devon.