Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 528
- Medidas: 142 x 183 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Carton‚
A rosa falsa WEGELIUS,JAKOB
A rosa falsa é unha secuela independente dos libros gañadores do premio August A lenda de Sally Jones e O mono do asasino.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
Sinopsis
”Pediume que escriba todo o que sei sobre o home a quen chamaban Shetland Jack. Fareino. Voulle relatar a súa dura vida. E desvelareille a terrible verdade sobre a súa violenta morte.
Pero a historia de Shetland Jack non acabou coa súa morte. E a historia de Jack converteuse en parte da miña propia historia. Tamén debo escribir sobre isto, aínda que sexa difícil para min. Desexaría esquecer moito do que pasou este último ano.
A súa amiga, Sally Jones”
Autor: Wegelius (gal.), Jakob
Jakob Wegelius é un autor e ilustrador nado en Göteburg en 1966. Estudou literatura e filosofía e graduouse en Konstfack (Facultade de Artes e Deseño) en 1996. Os seus libros traducíronse a uns 10 idiomas e foi premiado en varias ocasións, incluíndo o Expressen’s Heffaklump en 1999 e o Premio Maria Gripe en 2008. Ademais, é o único autor que conseguiu gañar o Premio August por dúas obras: "A lenda de Sally Jones" e "O mono do asasino", en 2008 e 2014, respectivamente. Por este último foi premiado polo Consello Nórdico (Literatura Infantil e Xuvenil) en 2015.