Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 164
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Contos de así foi KIPLING,RUDYARD
O autor d'O libro da selva explica ós animais por que os animais son como son
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
De onde lle vén a chepa ó dromedario? Por que o elefante ten a trompa tan longa? E ó leopardo, como lle saíron esas manchas? A partir das historias que lle contaba á súa filla polas noites, Rudyard Kipling responde con humor e enxeño estas e outras preguntas difíciles que fan os cativos.
Coñece a orixe e curiosidades do mundo animal neste libro ilustrado polo autor d’O libro da selva.
Autor: Kipling, Rudyard
Naceu en Mumbai (India) en 1865. De pais británicos, foi criado por unha nanny portuguesa e un servente indio, que encheron a súa infancia de historias fabulosas e rimas hindús. Con sete anos enviárono a Inglaterra, onde viviu cuns titores terriblemente estrictos, pero volveu á India con 16 anos, para traballar nun xornal de Lahore, e comezou a publicar historias. Tras o seu casamento, Kipling estableceuse en América, e alí foi onde escribiu 'O libro da selva', publicado en 1894. Despois mudouse coa súa familia a Inglaterra. Alí morreu en 1936. Foi galardoado co Premio No-bel de Literatura en 1907.