Buscador de libros
Busqueda avanzadaPrimer capítulo / Extracto
- N° páginas : 152
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Emil e os detectives (GAL) KASTNER, ERICH
Mellor nos iría a todos se confiásemos no bo facer dos nenos
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
Sinopsis
Emil Tischbein xa ten idade para viaxar só a Berlín, onde vai pasar uns días cuns parentes. Nin el nin a nai imaxinan que o primeiro adulto con quen coincida no tren será un ladrón que lle levará os cartos. Por sorte, a cativada berlinesa non dubidará en botarlle unha man para desfacer o torto. Emil e os detectives acadou un éxito fulminante, foi levado ó cinema, traducido a máis de sesenta linguas e incluído na lista de lecturas clásicas das escolas alemás. Inaugurou unha concepción da literatura infantil –motivos realistas e lingua vivaz– que aínda predomina hoxe. Mais o segredo do seu éxito talvez radique na mensaxe última da historia: mellor nos iría a todos se confiásemos no bo facer dos nenos.
Autor: Kästner, Erich
Cando en 1933 os nazis queimaron en público milleiros de libros por consideralos “antialemáns”, o xornalista e escritor xermano Erich Kästner (1899-1974) viu cos seus propios ollos como ardían nas piras os seus poemas satíricos e a súa prosa de crítica social. Do lume salvouse Emil e os detectives, a novela para nenos que o catapultou ó éxito en 1929 e cimentou o seu renome como figura sobranceira da literatura infantil, recoñecido en 1960 co premio Hans Christian Andersen. Pacifista arrastrado a dúas guerras mundiais, neno eterno obrigado a vivir nun mundo feito por e para os adultos, Kästner foi ata a fin un optimista social convencido do potencial renovador da mocidade.