Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 468
- Medidas: 163 x 234 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Emma (GAL) AUSTEN, JANE
A mestra clásica do shippeo, anotada para público xuvenil
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Intelixente, rica e fermosa, Emma Woodhouse non precisa marido, pero resúltalle divertido facer de casamenteira para as súas amizades. Ata que a súa confidente Harriet Smith decide casar, e os seus enredos producen consecuencias inesperadas.
Esta edición está anotada por tres forofas de Jane Austen, que descifran algunhas das claves para entender a obra e o seu contexto, especialmente destinadas para o público xuvenil actual.
Autor: Austen, Jane
Jane Austen (Steventon, 1775 – Winchester, 1817) é unha das novelistas máis lidas e con maior infuencia do século XIX. Procedente dunha ampla familia da pequena burguesía rural inglesa, Austen nunca chegou a casar, polo que un dos seus irmáns tivo que negociar a edición dos seus libros nunha época na que as mulleres non tiñan potestade para asinar contratos. O ton irónico e a dependencia que a muller tiña do matrimonio para asegurar a súa posición social e económica caracterizan as súas novelas máis famosas: Sentido e sensibilidade (1811), Orgullo e prexuízo (1813), Emma (1815) e Persuasión (1818).