Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 32
- Medidas: 144 x 280 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Carton‚
Monstro Pequeno di NON! (2024) JONSDOTTIR;HELMSDAL;GUETTLER,ASLAUG
Un libro para aprender a dicir non dende pequenos
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
Sinopsis
Cando Monstro Grande peta na porta de Monstro Pequeno, só hai unha resposta posible: Non! Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade.
Este orixinal e divertido libro fala da amizade, de como relacionarse, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con firmeza.
Autor: Jónsdóttir; Helmsdal; Güettler, Áslaug; Rakel; Kalle
Áslaug Jónsdóttir (Islandia, 1963) é unha ilustradora, escritora de libros infantís, artista e deseñadora gráfica. Pola súa obra recibiu varios premios, como o Premio Dimmalimm pola ilustración de libros para a infancia, e foi destacada cunha mención especial do White Ravens e para a lista de honra do IBBY. Rakel Helmsdal (Dinamarca, 1966) viviu a meirande parte da súa vida nas Illas Feroe. É autora de varios libros infantís, así como de pezas teatrais para os máis novos. Ademais, creou o seu propio teatro de monicreques, e recibiu varios premios e mencións pola súa obra. Kalle Güettler (Suecia, 1949) debutou en 1990 como autor de literatura infantil e xuvenil e dende entón publicou unha vintena de libros. Co que máis goza é cos álbumes ilustrados, por iso se embarcou na serie dos monstros con Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir.