Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 244
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
O neno ultramillonario WALLIAMS, DAVID
O que os cartos non poden mercar
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Preguntástesvos algunha vez como sería ter un millón no banco? Ou mil millóns? E un billón? Ou mesmo un trillón? Pois preséntovos a Joe Spud. Joe non necesitaba imaxinar como sería posuír diñeiro a carradas, diñeiro a dar co pé, montes e moreas de diñeiro. Porque só tiña doce anos, pero estaba o que se di total e absolutamente podre de cartos. Podía mercar calquera cousa que se lle antollase: un bólido de Fórmula 1, unha montaña rusa para el só, todos os xogos de ordenador do mundo... Todo, agás algo que o diñeiro nunca poderá comprar: un amigo.
Autor: Walliams, David
David Walliams (Surrey, Reino Unido, 1971) é un coñecido humorista británico polo programa de televisión Little Britain. No 2008 comezou a súa exitosa carreira como autor de literatura infantil e xuvenil. Comparado con Roald Dahl, a súa prolífica escrita creou libros supervendas como 'A avoa gánster' ou 'O neno do vestido', que foron adaptados á televisión pola BBC.