Buscador de libros

Busqueda avanzada
O Pensador entra en acción: portada

Primer capítulo / Extracto

  • N° páginas : 160
  • Medidas: 140 x 210 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

O Pensador entra en acción NOSTLINGER,CHRISTINE

Unha historia de intriga de Christine Nöstlinger que engaiola a todas as xeracións lectoras

Editorial:
Traductor:
Eva Almazán García
Colección:
SUSHI BOOKS - GALL
Materia BIC:
Ficción general (infantil/juvenil)
Edad recomendada:
Edad de interés: a partir de 9 años
ISBN:
978-84-16884-60-5
EAN:
9788416884605
Precio:
15.38 €
Precio con IVA:
16.00 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

O Pensador, o Picas, Lilibeth e o Sir son amigos e compañeiros de instituto; como xa cursaron xuntos infantil e primaria, coñécense á perfección. Por ese motivo, cando na clase de 3ºD empezan a desaparecer obxectos de valor e un dos catro é acusado de ladrón, os outros tres amigos non cren nin por un segundo que cometese roubo ningún e propóñense demostrar a súa inocencia. Non tardan moito en exoneralo e identificar o verdadeiro ladrón, mais o final non é tan feliz como podería parecer… Esta historia sobre a amizade, as relacións entre condiscípulos e o pequeno universo que é cada familia recórdanos que na vida –aínda que só teñas trece anos– non todo é branco ou negro.

Autor: Nöstlinger, Christine

Christine Nöstlinger naceu en Viena en 1936. Graduada en Belas Artes, en 1970 publicou o seu primeiro libro para nenos, ilustrado por ela mesma, inaugurando así unha extraordinaria carreira no eido da literatura infantil. Traducida a decenas de linguas e galardoada con todos os premios do xénero –singularmente o Hans Christian Andersen, considerado o Nobel da literatura infantil–, revolucionou o panorama rompendo tabús lingüísticos e temáticos para dialogar co mundo da mocidade desde unha perspectiva progresista. Os seus numerosísimos títulos forman parte da educación sentimental de toda unha xeración de novos europeos que hoxe, nun mundo ben diferente, llelos dan a ler aos fillos. Nöstlinger finou en Viena en 2018.


Otras imágenes del libro