Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 96
- Medidas: 190 x 260 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Carton‚
Os espías de Oreborg WEGELIUS,JAKOB
A ópera prima detectivesca do autor da Lenda de Sally Jones
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
![](/images/bg_map.png)
Sinopsis
Un descoñecido baixou do ferrobús na estación de tren de Oreborg. Tiña unha leve coxeira e levaba unha coroa de pequenas flores no sombreiro. Polo demais, non había nada raro nin misterioso nel.
Aínda que iso era só o que parecía …
Un par de días despois, Oreborg viuse sacudida por un enorme escándalo de espionaxe e piratería.
Nunca foi desvelada toda a verdade sobre este entramado criminal e a día de hoxe ninguén sabe aínda quen era o forasteiro que coxeaba.
Ninguén salvo o Comandante de Snårholmarna. E o propio misterioso estraño, naturalmente…
Os espías de Oreborg foi publicada por primeira vez en 1994. Desde aquela, Jakob Wegelius escribiu outros seis libros que se traduciron a máis de 20 idiomas e recibiu, entre outros, o Premio August e o Premio do Consello Nórdico.
Autor: Wegelius (gal.), Jakob
Jakob Wegelius é un autor e ilustrador nado en Göteburg en 1966. Estudou literatura e filosofía e graduouse en Konstfack (Facultade de Artes e Deseño) en 1996. Os seus libros traducíronse a uns 10 idiomas e foi premiado en varias ocasións, incluíndo o Expressen’s Heffaklump en 1999 e o Premio Maria Gripe en 2008. Ademais, é o único autor que conseguiu gañar o Premio August por dúas obras: "A lenda de Sally Jones" e "O mono do asasino", en 2008 e 2014, respectivamente. Por este último foi premiado polo Consello Nórdico (Literatura Infantil e Xuvenil) en 2015.