Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 242
- Medidas: 140 x 210 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Os nenos do ferrocarril [Próxima aparición] NESBIT, EDITH
Clásicos que inspiraron a mellor literatura infantil actual
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Cando o seu pai desaparece misteriosamente, Roberta, Peter e Phyllis deben deixar a súa vida confortable en Londres para instalarse nunha modesta casa de campo. A súa nai ponse a escribir para obter uns ingresos que apenas chegan.
Os nenos pasan o tempo na estación de tren, onde fan amizade co mozo das maletas, co xefe da estación e cun pasaxeiro ancián que lles axudará a resolver varios problemas e, finalmente, a traer o seu querido pai de volta á casa.
Autor: Nesbit, Edith
Edith Nesbit (Londres, 1858-1924) medrou no seo dunha familia numerosa. Con tres anos quedou orfa de pai, o que provocou que tivesen que mudarse en varias ocasións. Viviu en Inglaterra, Francia, España e Alemaña. Con 22 anos casou e formou unha familia nada convencional, ó tempo que se implicou na literatura e no activismo político. Os libros infantís de Nesbit destacan polo seu humor e estilo innovador, que mestura a realidade ordinaria con elementos máxicos, cunha influencia determinante na literatura infantil actual.