Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 374
- Medidas: 135 x 215 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Os sete irmáns KIVI,ALEKSIS
Mestura do tráxico e do cómico, fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e exquisita descrición da paisaxe nórdica
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século xx ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.
Autor: Kivi, Aleksis
Aleksis Kivi (Nurmijärvi, Finlandia, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e máis tarde estudou literatura na universidade da capital. A súa carreira literaria arrancou con Kullervo (1864), unha obra baseada no clásico Kalevala. En total, publicou doce pezas dramáticas e unha colección de poemas. A súa única novela, Os sete irmáns (1870), levoulle dez anos de traballo, e daquela foi considerada demasiado vulgar.