Buscador de libros
Busqueda avanzada- N° páginas : 240
- Medidas: 205 x 130 mm.
- Peso: 450 gr
- Encuadernación: Tela
Santiago de Compostela (ed. galego) ASOREY, DANIEL/MILLAN, BLANCA
Unha historia de amor para unha cidade feita de auga, pedra e lendas, escrita por Daniel Asorey e ilustrada por Blanca Millán.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana
Sinopsis
O poeta e narrador galego Daniel Asorey escribiu unha historia de amor a Santiago de Compostela, a cidade dos mitos patrimoniais, da solidez da historia e das crónicas cotiás baixo a choiva de Galicia. E xunto a el a ilustradora Blanca Millán puxo en pé unha cidade de cores vivas e cosmopolitas, os mesmos vimbios dos que están feitas as súas xentes. Os dez capítulos que conforman o libro, escritos Daniel Asorey en lingua galega, foron traducidos polo editor Héctor Cajaraville ao castelán.
Autor: Asorey, Daniel
–Santiago de Compostela, 1970– Estudou Filoloxía Hispánica. É poeta e narrador en lingua galega e recibiu importantes premios en ambos os xéneros. Foi traducido ao portugués do Brasil. Nas súas obras cobran especial importancia o xénero e a reflexión decolonial.
Autor: Millán, Blanca
–Touro, A Coruña, 1991– Debuxante, pintora e ilustradora, graduada en Belas Artes e Máster en Libro Ilustrado pola Universidade de Vigo. As súas primeiras publicacións, de 2017, foron Manuela e A maxia de mamá, e desde entón é autora de máis de corenta títulos.