Buscador de libros

Busqueda avanzada
Soños europeos: portada
  • N° páginas : 174
  • Medidas: 135 x 215 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

Soños europeos PUIKKONEN,EMMA

Un tecido de personaxes e momentos da historia europea que culmina no enfrontamento contra a distopía que nos espera

Editorial:
Traductor:
Tomás González Ahola
Colección:
COLECCION XERAL
Materia BIC:
FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
ISBN:
978-84-120370-6-7
EAN:
9788412037067
Precio:
16.35 €
Precio con IVA:
17.00 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

1980, Lech Wałęsa, traballador dun estaleiro en Gdańsk, Polonia, lidera unha revolta contra o poder estabelecido. 1990, coa caída do Muro de Berlín, unha anciá reencóntrase coa súa familia logo de décadas de separación. 1996, Fadumo, unha inmigrante somalí, sobrevive na afastada Suecia para sacar adiante a súa filla pequena. 2027, nun mundo dominado polas redes sociais, a filla daquela inmigrante persegue o soño de cambiar o mundo escribindo unha saída coas súas palabras.
Soños europeos é, dalgún xeito, unha rede de historias humanas, individuais, que se conectan cos grandes momentos de cambio e migración na Europa do último medio século.

Autor: Puikkonen (gal), Emma

Emma Puikkonen (Hämeenlinna 1974) dedícase ao ensino teatral e á escrita. Foi fundadora de varias iniciativas culturais relacionadas coas artes escénicas, escribiu diversos libretos teatrais e publicou a súa obra en prosa, Kissaihminen en 1987. Como autora de narrativa para adultos estreouse en 2001 coa obra Turkulainen näytelmä, á que seguiron Näköala (2004) e Matkamusiikkia (2013). En 2016 publicou Eurooppalaiset unet (‘Soños europeos’), obra pola que foi nominada aos premios Finlandia e ao Tulenkantaja. En 2017 publicou Äänihäkki, escrita a medias coa súa nai.


Otras imágenes del libro