Buscador de libros

Busqueda avanzada
Teito de ferro: portada

Primer capítulo / Extracto [Ver]

  • N° páginas : 124
  • Medidas: 210 x 150 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Fichero adjunto Descargar Ficha Enviar Ficha

Teito de ferro BESADA, JUAN

A vida é mala de medir. Vivimos contando enterros.

Editorial:
Colección:
NARRATIVA
Materia BIC:
FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
Materia BIC:
FICCIÓN HISTÓRICA
Edad recomendada:
Edad de interés: a partir de 14 años
ISBN:
978-84-19136-07-7
EAN:
9788419136077
Precio:
10.58 €
Precio con IVA:
11.00 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

O neto de Carme Sinde ve pasar nas lapas do lume que acendera na lareira da súa avoa as sombras, e ouve os ecos, dos desastres da guerra que ela lle relata nunha carta que lle deixara dentro dun sobre que non puido abrir até após o enterro dela.

En Teito de ferro o autor pon diante da lectora, do lector, as represalias que logo do golpe de estado que en España sucedera en xullo de 1936 leváranse a cabo nun barrio de Santiago de Compostela ao que Juan Besada lle pon na ficción o nome de Vilamercede.

Tomando prestada de Gustav Mahler a estrutura da súa Sexta Sinfonía fita a ollada o autor de Teito de ferro, non no acontecemento histórico, senón nos cenos mais nos silencios, nas voces íntimas mais na memoria das xentes que o sufriron.

Juan Besada quere render, de paso, unha homenaxe sentida a cantos padeceron en carne propia o embate do franquismo, que tanto durou e que tanto dura aínda agachado.

Autor: Besada, Juan

Profesor de Filosofía en Educación Secundaria, Juan Besada (Santiago de Compostela, 1960) especializouse en Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, publicando na Revista Galega do Ensino o traballo Estudo da influencia do Proxecto Manhattan no desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía na segunda metade do século XX na revista Trivium. Ten publicado entre 2004 e 2020, en castelán, os libros de poesía Por no sufrir amnesia (3C3 editores, 2004), La piel encendida (Cuadernos del Laberinto, 2014) e Flor de harina –libro este último co que inicia a súa andaina en Ediciones Carena no ano 2020.


Otras imágenes del libro