Buscador de libros
Busqueda avanzadaPrimer capítulo / Extracto [Ver]
- N° páginas : 212
- Medidas: 130 x 200 mm.
- Peso: gr
- Encuadernación: Rústica
Xildas FRAGA ALLEGUE,ANTONIO MANUEL
Un libro de fantasía con trasnos de por medio para rapaces con imaxinación.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.
Mentres, o antipático señor Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios...
Autor: Fraga Allegue, Antonio Manuel
(Pontedeume, 1976) Naceu e medrou baixo a sombra do vello Castelo de Andrade, empoleirado na Pena Leboreira, desde onde se ve o encontro do río Eume coa ría de Ares. Nesa contorna aprendeu dos mouros, dos trasnos, das ánimas errantes das corredoiras da fraga, das meigas, das fadas, e doutras moitas criaturas que habitan entre nós aínda que non sexamos quen de velas. Aprendeu tamén a gozar dos contos, relatados pola súa madriña Carmen, e a mesturalos co sabor do repolo guisado na cociña da casa do Lugar do Sapo, onde a auga é sempre fresca e un non deixa nunca de ser neno. Actualmente vive ao pé doutras vellas pedras: as da Torre de Hércules, no coruñés barrio de Monte Alto. Alí enche o seu tempo escribindo historias. Con 'O castiñeiro de abril' gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil en 2013.